A Garda Civil investiga en Vilalba a seis persoas ás que lles atoparon roupa de marca falsificada

A Garda Civil imputa en calidade de investigados a cinco veciños de Lugo e outro de Ponferrada (León) como supostos autores dun delito contra a propiedade industrial en Vilalba. No marco da investigación policial interviñéronlles numerosas pezas textís con marcas supostamente falsificadas.
As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

Ademais, a Garda Civil detivo tamén a un veciño de Riotorto por orde directa da Autoridade Xudicial, en virtude dunha requisitoria dimanante do Xulgado do Penal nº 2 de Lugo, sendo trasladado o detido ao centro penitenciario de Bonxe (Lugo) para o seu ingreso en prisión.

Etiquetas