A primeira edición da gala da Asociación de Empresarios de Vilalba terá lugar o venres 22 de febreiro

A asociación de empresarios Sete Pontes de Vilalba anunciou que o venres 22 de febreiro, no auditorio Carmen Estévez da localidade chairega, terá lugar a primeira edición da Gala empresarial, na que esperan poder contar coa participación da maior parte dos seus 200 asociados.

O encontro servirá tamén para facer entrega de dous premios principais -empresario do ano e mellor emprendedor- e cinco mencións especiais que servirán para recoñecer aos máis destacados protagonistas noutros ámbitos: internacionalización, responsabilidade social corporativa, mellor empresa do sector servizos, empresarios da Terra Chá, e ao mellor proxecto emprendedor de nova creación.

Etiquetas