A VI Ruta Cultural do Iescha visitará dúas exposicións de Castelao en Santiago

Por sexto ano consecutivo, e aproveitando a conxuntura histórica, o Instituto de Estudos Chairegos organiza a VI Ruta Cultural, prevista para o domingo, 17 de febreiro de 2019, á cidade de Santiago de Compostela, onde visitarán dúas exposicións sobre Castelao: Alba de gloria, organizada polo Consello da Cultura de Galicia en San Domingos de Bonaval, e Castelao maxistral, na Cidade da Cultura no Gaiás. En ambas visitas contarán con guía.

A saída de Vilalba, dende a casa da Cultura, producirase ás 9:15 horas.

A cuota que haberá que pagar será de 30 euros por adulto (os menores acompañados, 5 euros) que inclúe a comida, o autobús e as visitas guiadas ás dúas exposicións.
Os interesados poden apuntarse ata o xoves, 14 de febreiro enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ou por teléfono con calquer membro da súa Xunta Directiva 686.451.501 – 651.361.628.

Etiquetas