Skip to main content
ActualidadeXermade

Dúas xermadesas logran un primeiro e un terceiro premio no certame de poesía de Nadal da biblioteca

Por 6 Febreiro, 2019Sin comentarios

Dous pequenos de Xermade resultaron gañadores da fase provincial do Concurso de Poesía Infantil que organiza a Biblioteca Nodal de Lugo en colaboración coas bibliotecas municipais da provincia.

Así, na categoría A, de ata 8 anos, o primeiro premio foi para a veciña de Xermade Celtia González González, de sete anos de idade. Tamén o terceiro premio nesta categoría veu para a Terra Chá, xa que recaeu en Iris Peña Piñeiro, de 8 anos, que participou a través da Biblioteca Municipal de Outeiro de Rei.

Na categoría B, para pequenos de entre 9 e 11 anos, o terceiro premio foi tamén para Xermade con Aroa Blanco Prieto, Aroa, de 10 anos.

A entrega de premios será o 22 de febreiro así como a publicación dos traballos premiados na XXV edición deste certame.