Skip to main content
ActualidadeVilalba

Presentación en Vilalba do novo libro de Sonia Arias López

Por 6 Febreiro, 2019Sin comentarios

O vindeiro venres, 8 de febreiro, a partir das 20 horas terá lugar a presentación do libro Campos de Batalla, de Sonia Arias López, no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba. Esta presentación está organizada por Culturalia GZ en colaboración co Concello de Vilalba.

Esta obra, editada por Angels Fortune, supón a segunda incursión da autora natural de Paradela no xénero poético, despois da publicación, coa mesma editorial catalá, de Parque de atracciones.

Neste segundo poemario, Sonia Arias diversifica a súa temática e tenta amosar a madurez creativa da escritora.

Na presentación en Vilalba de Campos de Batalla participarán, ademais da propia autora do libro, a escritora Rocío López Núñez, o profesor e escritor José Carlos Ulloa García e Martiño Maseda, escritor e administrador de Culturalia GZ.