O Concello de Vilalba volverá a levar as actividades ás parroquias do rural

O Concello de Vilalba xunto con Cruz Vermella segue o II Plan de Dinamización da Zona Rural, unha iniciativa que se volve a organizar co obxectivo de ofrecer as mesmas oportunidades para os veciños do rural que para os da zona urbana.

Desde o Concello de Vilalba apostan por un segundo ciclo deste Plan, e decidiron levar as actividades ás 29 parroquias. Ditas actividades realizaranse nas antigas escolas ou locais sociais de cada unha das zonas e será mediante inscripción, aínda que en principio non existe un límite de prazas.

Entre as actividades propostas para este ano, haberá taller de autoestima e valoración da muller, memoria e estimulación cognitiva, seguridade e primeiros auxilios, ximnasia de mantemento, manualidades, actividades físicas e actividades nas natureza que incluirán excursións e desenvolveranse a partir deste mes e ata xuño.

Finalmente, como o ano pasado, haberá unha festa final coa idea de xuntar a toda a xente que participe nas diferentes actividades nunha xornada lúdica, que incluirá a exposición dos traballos realizados ao longo destos cursos.

Etiquetas