Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

As Mulleres Rurais Olvido de Pol organizan unha serie de cursos

Por 8 Febreiro, 2019Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais Olvido de Pol organizan unha serie de cursos que darán comezo estes días, e que están abertos a toda a poboación.

Así, o curso de estética terá lugar os luns de 11:00 a 13:00 horas e os venres de 19:30 a 21:30 horas na perruquería Saraiba de Mosteiro. Tamén haberá un curso de informática os martes de 16:30 a 18:30.

Os que desexen inscribirse poden facelo nos teléfonos 666 230 570 (Mercedes) e 616 129 825 (Rosa).