O Concello de Friol atendeu a máis de cen familias co Servizo de Axuda no Fogar

Nas diferentes partidas que desde o Concello de Friol se destinan a servizos sociais, destacan as cen familias que foron atendidas polo Servizo de Axuda non Fogar en 2018, con 27.000 horas recibidas nos domicilios das persoas usuarias. Unha empresa externa, con máis de vinte auxiliares, foi a encargada de executar este programa, tanto na modalidade de Dependencia como Libre Concurrencia.

Os cen beneficiarios pertencían a 25 das 32 parroquias coas que conta o municipio, destacando a de Xiá, con 14; Condes e Carballo, con 9 cada unha e a propia capital municipal, con 10. Un terzo do total de atendidos superaban os 90 anos de idade. Desas cen usuarias, tratábase de persoas que vivían soas nos seus domicilios. Por sexos, as mulleres superan aos homes; 69 a 31.

Desde os servizos sociais municipais atendéronse a máis de 700 persoas, realizando unhas 200 tramitacións, destacando as 74 solicitudes de valoración de dependencia.

O alcalde, José Anxo Santos, indicou que o Concello está e estará á beira dos máis desfavorecidos e necesitados, neste caso os maiores con grado de dependencia do Municipio, “de aí o gran esforzo que supón para o Concello que cada ano se podan incrementar as horas de atención de dito servizo, prioritario para o Equipo de Goberno coa única finalidade de que os nosos maiores teñan un nivel de vida digno e como se merecen”.

Doutra banda, o Punto de Atención á Infancia (PAI), tivo completas as 20 prazas, destinadas a nenos e nenas de ata tres anos de idade. O alcalde, comenta que sobre este tema nestes momentos o Concello ten adxudicada a rehabilitación do novo edificio no que se situarán as novas instalacións destinadas ao PAI co obxectivo no futuro do incremento do número de prazas.

Etiquetas