Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba pecha o programa de Entroido, que celebrará o 5 de marzo

Por 19 Febreiro, 2019Sin comentarios

O martes 5 de marzo o Concello de Vilalba celebrará o seu tradicional concurso de disfraces Entroido, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila, que será ás 18.00 horas e amenizado coa Charanga DGT, Futurismo Galáctico, Tchyminigagua e o son Río Samba Show.

A saída será dende a estación de autobuses ata a praza da Constitución, e en caso de que as condicións climatolóxicas sexan adversas, os actos celebraranse na carpa institucional que nesta ocasión terá gradas para que todos os asistentes podan ver ben. Despois farase entrega dos premios para todos os participantes.

O prazo de inscrición para este concurso, xa aberto, rematará o 1 de marzo ás 14.00 horas. Ten que facerse na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas, ou ben a través do formulario da web: www.vilalba.org.

Os premios en cada categoría serán, na modalidade individual, infantil e xuvenil, de 0 a 14 anos, o primeiro de 60 euros, o segundo de 40 e o terceiro de 20. Na modalidade individual adulto, o primeiro premio será de 100 euros, o segundo de 50 e o terceiro de 30 euros.

Na modalidade de parellas infantil e xuvenil, o primeiro premio será de 100 euros, o segundo de 60 e terceiro de 30. En adultos, corresponderán 180 euros, 80 e 40, respectivamente.

Para as comparsas infantís e xuvenís o primeiro premio será de 250 euros, o segundo de 150  e o terceiro de 120. En comparsas de adulto, o primeiro premio será de 600 euros, o segundo de 400 e o terceiro de 300. Haberá un cuarto premio de 150 euros.

Tamén distinguiranse a mellor posta en escea e o mellor humor, cun premio de 200 euros cada un. Tamén se establece un premio de comparsas de adultos e infantís a repartir según criterio do xurado de 200 euros. E ademais haberá un accésit de participación de 100 euros as comparsas de máis de 8 compoñentes .

Daranse por nulos, os concursantes que repitan con disfraces de anos anteriores. En todas as modalidades participantes no desfile de disfraces e comparsas deberase nomear a unha persoa como responsable e irá identificada en todo momento como tal por motivos de seguridade.

O mércores 6 de marzo terá lugar o tamén tradicional Enterro da Sardiña, ás 20.30h na Praza da Constitución, organizada pola Escola Municipal de Teatro.

Pódense consultar as bases do concurso no seguinte enlace