Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz organiza un curso de aproveitamento resineiro

Por 18 Febreiro, 2019Sin comentarios

As fins de semana do 2 e 3, 9e 10 e 16 de marzo o Concello de Guitiriz celebrará un curso formativo sobre técnicas de aproveitando resineiro que terá unha duración de 40 horas.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse entre o 25 e o 28 de febreiro a través dos corresos info@concellodeguitiriz.com e erikamc@foresin.es. Ou tamén a través dos teléfonos 982 370 109 e 680 208 320.

O curso ten un prezo de 5 euros para os empadroados en Guitiriz e de 10 para os demáis.

O horario do curso será de 9 a 13 horas e de 15 a 19 horas e o lugar de celebración será a Casa Habanera.