Skip to main content
Sin categoría

Nenos de Muimenta elaboran un calendario solidario

Por 21 Febreiro, 2019Sin comentarios

A Asociación de Nais e Pais A Granda de Muimenta vén de poñer en marcha unha iniciativa solidaria co obxectivo de recadar fondos para a loita contra o cancro.

Así, elaboraron un calendario con debuxos feitos polos nenos do colexio de Muimenta que están á venda a un prezo de 5 euros.

O obxectivo é que o recadado vai para a asociación SOMOS Unidos polo Cancro, de Lugo.

As persoas que desexen mercar un destes calendarios poden facelo en diferentes establecementos da comarca: frutería Capricho Andaluz, en Feira do Monte; estanco e zapataría Iglesias, en Muimenta; librería Maduca, en Castro de Rei; libería Amodrín, en Castro Ribeiras de Lea; libería Soños, na Pastoriza, e Aitilex, en Vilalba.