O grupo feminista de Vilalba participará na concentración do 3 de marzo en Lugo

O Grupo Feminista de Vilalba sumarase á concentración que terá lugar o día 3 de marzo en Lugo con motivo da celebración do 8M baixo o lema Por todas as mulleres, por todos os dereitos: Revolta Feminista!

O grupo municipal organizou unha viaxe que arrincará o mesmo día da concentración, ás 10.30 horas da biblioteca municipal de Vilalba. As interesadas viaxarán en bus para poder sumarse á concentración qeu arrincará ás 12.00 horas da Porta Falsa da Catedral.

O prezo desta viaxe é de 5 euros e hai de prazo ata o 25 de febreiro para anotarse. A inscrición deberá facerse nos teléfonos 646 845 949 ou 630 031 864. Funciona tamén con whatsapp.

Etiquetas