Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba implícase co Día Internacional da Muller

Por 1 Marzo, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba organiza unha serie de actividades para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. A primeira delas é un taller de Sensibilización na rúa: cóntallo a Violeta. Que está programado de 11:30 a 14:30 horas na praza da Constitución.

Máis tarde, ás 12:45 horas será a II Andaina pola Igualdade con saída desde a Praza da Constitución. Na que as inscricións deben facerse na páxina web do championchipnorte ou na oficina do CIM.

Xa o día 12 haberá un obradoiro de Prevención da violencia de xénero, no IES Basanta Silva, e está adicado ao alumnado de 2º de ESO.

O día 13 chega a quenda do Contacontos: os animaliños do bosque, unha actividade para o alumnado de 2º e 3º de Educación Infantil na Escola de Educación Infantil.

Por último os días 14 e 15 haberá un obradoiro titulado Estereotipos e roles de xénero. Esta actividade é para os alumnos de 5º e 6º Primaria dos CEIPs Mato Vizoso, Ínsua Bermúdez, Terra Chá e Monseivane.