O Concello de Xermade organiza un curso de xabóns en tres parroquias

O Concello de Xermade levará as actividades tamén ás parroquias coa celebración dun curso de xabóns e cremas cosméticas que se desenvolverá  dende marzo a maio en tres parroquias do Concello.

Momán será a primeira en acoller esta formación, entre o 23 e o 30 de marzo en sesións de 16.00 a 18.00 horas. Seguidamente, terá lugar a mesma entre o 6 e o 13 de abril en Xermade. Finalmente, en Candamil, o curso impartirase do 11 ao 18 de maio, todos co mesmo horario.

O custe do curso é de 5 euros por persoa e para participar é necesario inscribirse no concello. O número de prazas está limitado a 20.

Etiquetas