Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba impartirá unha serie de cursos de dinaminación nas parroquias

Por 4 Marzo, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba vén de poñer en marcha diferentes talleres gratuítos que se desenvolverán nas parroquias dos concellos e nos que poderá participar calquera persoa interesada nas diferentes temáticas impartidas.

Os cursos a impartir serán de Autoestima e Valoración da Muller, Memoria e Estimulación Cognitiva, Ximnasia de Mantemento, Laborterapia ou Manualidades, Actividades Físicas, Actividades na Natureza e Nocións de Seguridade e Primeiros Auxilios.

Desenvolveranse nas sedes sociais ou casas escola das parroquias de Sancovade, Noche, Oleiros, Nete, Xoibán, Ladra, Insua, Soexo, Belesar, Torre, Alba, Boizán, Mourence, Gondaisque, Distriz, Tardad, Codesido, Santaballa, Lanzós, Vilapedre, San Simón, Samarugo, Corbelle, Árbol, Rioaveso, Román, Carballido e Goiriz.

Para información sobre os cursos que se imparten e como realizar a inscrición, poderán acudir aos representantes das asociacións das parroquias ou á sede da Cruz Vermella de Vilalba no Polígono Industrial Sete Pontes, no teléfono 620.218.127. ou no 639 94 63 07.

O comezo dos talleres esta previsto para o mes de marzo.

No mes de xullo realizarase unha xornada lúdica onde participarán todos aqueles participantes dos talleres e outras persoas que así o desexen. Durante a mesma, haberá unha comida e diversas actividades relacionadas con todo o traballado nos diferentes cursos, exhibición de actividades físicas, exposición de traballos e outras actividades de entretemento que farán da xornada un momento agradable para compartir con todos os veciños