O Concello de Guitiriz realizará un curso de formación en voluntariado ambiental

O Concello de Guitiriz xunto con Ribeirán Proxectos Naturais propoñen novamente un curso de formación en voluntariado ambiental que terá unha duración total de 24 horas, e que constará dunha parte teórica de 16 horas, repartida en dúas xornadas de 8 horas cada unha, e unha parte práctica que estaría contemplada nunha xornada de 8 horas. Este curso terá lugar os días 16 (parte teórica), 17 e 23 (parte práctica). Cada xornada terá 8 horas repartidas entre a mañá e a tarde.

Na parte teórica falarase da historia do voluntariado ambiental, do seu marco legal, e das persoas voluntarias. Da xestión de proxectos, do traballo en equipo. Tamén falarase das actividades de voluntariado ambiental desenvolvidas en Galicia, das entidades que realizan Voluntariados Ambientais e das experiencias en traballos de voluntariado ambiental aplicables ao concello de Guitiriz. Por último deseñarase un proxecto participativo coa detección por medio dos participantes das necesidades ambientais do concello e a proposta de actuación con voluntariado para mellorar a situación ambiental do concello.

Na parte práctica, aplicaranse as novas tecnoloxías para a recollida e aporte de datos a proxectos activos na actualidade. A idea é realizar dúas xornadas de oito horas de duración, unha pola mañá e outra pola tarde. A práctica constará da eliminación de especies vexetais exóticas invasoras; da detección e eliminación de vertedoiros incontrolados; da limpeza de lixo en ríos e eliminación de invasoras nas súas beiras, e por último, das propostas resultantes do deseño participativo de Proxectos de Voluntariado Ambiental no Concello de Guitiriz.

O orzamento para a realización das partes teórica e práctica é de 960 euros máis ive, e inclúe a elaboración e docencia da parte teórica, a xestión de actividades prácticas e do material para docencia e prácticas. Non inclúe o seguro dos participantes nin os medios de transporte para desprazarse aos lugares de realización das prácticas.

Ribeirán Proxectos Naturais ten unha ampla experiencia elaborando, implementando e xestionando tanto cursos como programas de Voluntariado Ambiental 2018. E no 2018 fixeron o Campo de Traballo Internacional Auga e da Pedra do Concello de Guitiriz.

Etiquetas