Lareira de soños solicita incluir os Frescos dos Vilares na Lista roja del patrimonio

A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares dirixiuse á Asociación Hispania Nostra, encargada da elaboración da Lista roja del patrimonio para que inclúa as pinturas murais do S.XVI dos Vilares na listaxe da vergoña.
Descubertas en 1991, o nivel de deterioro está a levar os frescos de estilo gótico hispano flamenco á súa desaparición definitiva dinte da desidia e pasotismo institucional e da igrexa a pesares das numerosas iniciativas, chamadas de atención e reclamacións da Lareira de soños alertando da situación. Seguimos sen compromisos firmes de recuperación para esta xoia artística de incalculábel valor por parte das entidades encargadas de velar polo noso patrimonio mentras que a nosa asociación ten realizado un anteproxecto, levado o problema ao Parlamento Galego, á oficina do Valedor do Pobo, editado dipticos e spot audiovisual, e mesmo incluído as pinturas nos estudos dun master da Universidade da Coruña a finais deste mes.
Diante do silenzo administrativo cómplice da posíbel perda deste valioso elemento artístico chairego, fixemos chegar a información a Hispania Nostra para que este ben patrimonial sexa incluído na listaxe vermella do património do estado como outra medida de alerta que tenda a presionar publicamente á Xinta, Deputación, Concello e Igrexa para que atopen o entendemento para que

Etiquetas