Deputación promove a figura da muller a través da presentación do libro Pelea de Gallos

A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e a Concelleira de Benestar, Ana González Abelleira, participaron este venres na presentación do libro Pelea de Gallos, actividade que se enmarca na programación posta en marcha por Deputación e Concello: Mulleres con Forza. No acto, que tivo lugar no auditorio do Vello Cárcere, a autora, Mª Fernanda Ampuero presentou a obra, na que a través de diferentes contos, da voz á figura da muller, narrando as voces no fogar, os vínculos familiares, a violencia machista ou as sexualidades reprimidas, entre outros. Pelea de Gallos inclúe tamén elementos culturais, políticos e sociais que retratan o continente Latinoamericano, de onde provén a autora.

Etiquetas