O libro Coloreando a provincia de Lugo inclúe un mapa cos mellores recunchos

O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto a autora do libro, Paula Mayor, e a editora de Hércules Ediciones, Laura Rodríguez Herrera, participaron, nas instalacións da Asociación Juan Soñador, na presentación do libro Coloreando a provincia de Lugo, unha obra que contén ilustracións de diferentes motivos lucenses para colorear. A Deputación colabora na edición e na difusión deste libro, pois será empregado como agasallo institucional.

A obra permite facer un percorrido polos diferentes activos patrimoniais, culturais e turísticos da provincia. Son 56 páxinas con ilustracións nas que se identifican aquelas paisaxes e monumentos máis emblemáticos dos concellos lucenses. Deste xeito, pretende servir como recordo para todos aqueles visitantes que veñen a coñecer Lugo, e tamén para que os nenos e nenas lucenses coñezan as potencialidades da provincia.

O libro conta con 45 ilustracións feitas por Paula Mayor. Ademais, e monumentos do territorio lucense. Así, pódese facer unha viaxe dende a Praia da Catedrais ata a Ribeira Sacra, pasando polas rúas máis emblemáticas da capital luguesa. Os exemplares pódense atopar en calquera librería en galego, castelán ou inglés.

Etiquetas