O Concello de Riotorto organiza unha viaxe a Oporto

O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Oporto que se desenvolverá os días 4 e 5 de maio. A actividade está organizada polo Concello de Riotorto e dirixida a todas as persoas empadroadas no Concello, tendo preferencia as inscritas nas actividades dos centros veciñais.

A organización estableceu un límite de 50 prazas e a inscrición deberá facer no teléfono 608 897 418.

A excursión sairá ás 7.30 horas de Riotorto con parada en Santiago ás 9.00 e chegada a Oporto ao mediodía para xantar.

Pola tarde haberá unha visita guiada pola cidade do Douro e unha cea nun restaurante local. Ao día seguinte está previsto un paseo en barco polo Douro e degustaciónde viño nas adegas locais. Tras comer na vila, á tarde visitarán Valença do Miño volvendo a Riotorto sobre a medianoite.

A excursión ten un prezo de cen euros por persoa.

Etiquetas