A parroquia de Órrea organiza unha reunión para reunir información sobre a Vía Rexia

O próximo venres, dia 29 de marzo, ás 19:00h, no local parroquial da Órrea, vaise celebrar unha reunión co obxertivo de colaborar no proceso de delimitación do camiño de Santiago que pasa pola comarca, a Via Rexia do Norte (posiblemente un dos camiños de Santiago máis antigos).

A reunión está convocada polo Concello de Riotorto (co-responsable institucional do proxecto), pola empresa Xelda Eido Rural (que dirixe os traballos) e pola propia Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea.

Máis alá da vertente histórica e cultural, o proxecto de sinalización da Via Rexia pola comarca ten unha finalidade claramente económica, e espérase que a iniciativa consiga axudar a revitalizar a zona.

Calquera persoa ou entidade que poida contribuír con algunha infomación está invitada a participar. Debe notarse que calquera microtopónimo (nomes de leiras, de lugares, de fontes…), calquera noticia remota sobre o camiño poden contribuír a o estudo que se está a realizar para saber por onde transcorría.

Etiquetas