Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba Aberta levará a pleno as queixas dos veciños dun barrio de Goiriz

Por 28 Marzo, 2019Sin comentarios

Vilalba Aberta volve acusar ao Concello de desleixo de funcións no que ten que ver co estado do camiño real á entrada de dúas vivendas do barrio do Caxigal, na parroquia de Goiriz. “Unha problemática, que xorde logo da primeira actuación sobre o mesmo por parte dos servizos de mantemento municipais e que, tal e como denuncia a veciñanza afectada, é sistematicamente desoída polo Goberno Municipal, ao tempo que outros accesos colindantes si merecen a súa consideración”.

Na mesma liña, e tal e como relataba o voceiro e candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, “dende o Concello incluso se chegou a depositar zahorra ao carón da última casa para que foran os mesmo veciños os que procederan á actuación.”

Vilalba Aberta levará á vindeira e última sesión ordinaria da lexislatura esta situación logo dunha visita á zona na que escoitaron de primeira man o acontecido en relación co alumeado público e que, dende o pasado mes de agosto ten “perplexa á veciñanza” sen atopar tampouco a lóxica resposta municipal.

Segundo indican dende o pasado 20 de agosto a luz acende de día e apágase de noite, e tras as queixas veciñais a situación non se resolveu.  Modesto Renda anunciou que lle entregará ao alcalde o conxunto dos correos electrónicos sen resposta, ao respecto do que definiu coma “a enésima tomadura de pelo municipal”.

A este respecto, e ao tempo que agradeceu á veciñanza afectada que puxera no coñecemento de Vilalba Aberta a reivindicación, anunciou, tamén, que preguntará ao alcalde pola problemática relativa á caída e tardía reacción por parte do Concello na colocación do STOP do cruce do Alto do Sumeiro, xustamente á saída do antedito acceso e tamén situado na parroquia de Goiriz.