Convócase o III Concurso de micropoesías Vilariñas de Guitiriz

Convócase o III Concurso de micropoesías Vilariñas no que poden  participar todos os escritores que queiran e a participación neste concurso é completamente de balde.

Os micropoemas presentados ao concurso terán que ser inéditos e orixinais. A temática será libre. Cada participante poderá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en galego en calquera das normativas ou en portugués e presentarase ao concurso a través do correo electrónico dosvilares@gmail.com ou npggazeta@gmail.com en formato word e coa referencia de Certame Vilariñas 2019 no título do correo. 

Os micropoemas terán una extensión mínima de dous versos e máxima de tres versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. A organización non correxirá nin modificará os textos dos poemas. Cada micropoema debe ser presentado por separado. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe si así o quixera o autor. Admitiranse obras desde o 1 abril até o día 31 de maio de 2019 , ás 23.59 horas.

O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema e eestará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. Os integrantes da NPG, só poderán colaborar quedando sempre fóra de concurso. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais dos Vilares, Lareira de Soños, e da NPG Nova Poesía Guitirica nas dúas semanas posteriores ao peche do concurso.

Os micropoemas participantes, integrarán unha antoloxía, e entre eles escollerase aos tres gañadores do premio que consistirá no trofeo Vilariñas deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obras presentadas na web poético-literaria http://npggazeta.gal e outros soportes dixitais. A edición da antoloxía na web poética será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidados.

Etiquetas