O concurso de tapas Castro Ribeiras de Lea terá lugar as primeiras fins de semana de abril

A localidade de Castro celebrará a sexta edición do seu popular concurso de tapas, que terá lugar os días 5, 6, 7 e 12, 13 e 14 de abril, coincidindo coa fin de semana. Este concurso está organizado por diferentes bares da zona buscan con este concurso contar con moitos participantes, xa que este concurso está consolidado dende hai 5 anos.

Como en edicións anteriores, serán dez locais de Castro os que presentarán a súa tapa estrela para que sexa valorada polo público e por un xurado de expertos. O público cos seus votos decidirá o gañador, pero tamén haberá un gañador según o voto do xurado que este ano conta con expertos como Eduardo propietario do Eduri e Caseta da Barra Lugo; Carlos cociñeiro do Merenzao de Sober; e David cociñeiro da Mirandilla de Rinlo.

Os locais partipantes son: Río Lea, Arrincadeira, Chus, Suso, Améndoa, L&M, Fénix, Mariva, Sagitario, Paco. Os visitantes que se acheguen a degustar as tapas dos dez bares entrarán nun sorteo que ten cinco premios 600, 300, 150, 100 e 50 puntos, que son un gran alicerce para achegarse á vila durante as dúas fins de semana. As tapas serán propostas innovadoras, que serán servidas en horario de 20:00 a 00:00 horas, e cun prezo de dous euros. Haberá un servizo de buses que fará o percorrido dos bares durante toda a noite e de balde.

O luns 15 darase a coñocer os gañadores polo xurado popular e de expertos.

Etiquetas