Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Castro de Saa inicia a cuarta campaña de escavacións

Por 31 Marzo, 2019Sin comentarios

Un grupo de arqueólogos dirixidos por Emilio Ramil iniciaron estes días a cuarta campaña de escavacións no Castro de Saa, na Pastoriza. Esta nova campaña, autorizada por Patrimonio contempla o estudo dun total de 88 metros cadrados próximos á entrada ao mesmo.

O obxectivo dos traballos é facer un corte na zona da muralla que está situada máis próxima á entrada. Trátase dun corte na parte máis alta que ten como finalidade comprobar o estado do páramo así como a altura da mesma e supervisar se hai ocupación do castro. Trátase dun espazo de 76 metros cadrados.

Ademais, van traballar tamén noutra zona que ten unha amplitude de 16 metros cuadros, onde os especialistas calculan que pode haber un pozo. Os arqueólogos estiman esta posibilidade xa que o descuberto ata o de agora está relacionado coa auga, a drenaxe e a canalización da mesma “polo que exista un pozo é unha opción realista”.

A continuación, unha vez que poñan ao descuberto os novos achados, farase o proxecto de consolidación destes restos.

Nesta cuarta campaña están traballando sete persoas, dous arqueólogos, catro auxiliares de arqueoloxía, un piloto de dron e tamén topógrafo e o obxectivo é rematar as obras antes de Semana Santa.

Esta escavación, ao igual que as realizadas anteriormente están subvencionadas en exclusividade polo Concello da Pastoriza e comezaron como un proxecto que puxo en marcha o actual alcalde, Primitivo Iglesias. O obxectivo do Concello é seguir destiñando cartos anualmente para impulsar para estudar en profundidade este lugar representativo do patromonio local.