Abre o prazo de inscrición da Casa Niño Meu Ben de Rábade

A Casa Niño Meu Ben de Rábade, situada na avenida de Vilalba, abrirá o día 2 de abril o prazo de preinscrición de matrícula para o vindeiro curso. Dito prazo permanecerá aberto ata o 9 de abril e para poder facer a reserva pode contactarse co Ana Bamonde, directora do centro, a través do teléfono 666 48 68 30.

A Casa Niño Meu Ben de Rábade é un espazo educativo de atención á infancia dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, mediante o cal se facilita a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral. Contará con 5 prazas que cubrirán as necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo coas idades dos pequenos e a contribución ao seu desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social durante 8 horas. Terán prioridade os censados no concello, e ademais é un servizo totalmente gratuito e financiado con fondos Feder.

O día 2 de abril ás 20:00 haberá unha reunión informativa no salón de plenos do Concello, para os pais interesados neste servizo.

Etiquetas