Skip to main content
ActualidadeXermade

A biblioteca de Xermade celebra o venres o Día do Libro infantil e xuvenil

Por 2 Abril, 2019Sin comentarios

A Biblioteca Pública de Xermade celebrará este venres, 5 de abril, ás 6 da tarde, o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

As actividades darán comezo coa lectura dun manifesto, escrito este ano polo ilustrador e autor Kestutis Kasparavicius, da sección lituana do IBBY, Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil.

A continuación, haberá unha sesión de contos a cargo de Celtia Figueiras Rama: Contos de Primavera. Unha amena sesión dirixida ao público infantil para comprender o ciclo da natureza e sentir as estacións na súa plenitude, percibindo cada pequeno cambio e poñendo en valor a sabedoría da natureza, que debemos coidar e respectar. Vai dirixido a nenas e nenos a partir dos 2 anos.

E para rematar terá lugar a entrega de premios do Certame de Poesía Infantil Nadal 2018 ás 8 nenas gañadoras do certame, coa lectura dos poemas premiados polas súas autoras.