A Festa da Troita de Ponte de Outeiro será substituída por dous concursos de pesca

A Sociedade Deportiva Cultural Amigos do Miño non organizará este ano a súa tradicional Festa da Troita do Río Miño, que tradicionalmente tiña lugar durante o mes de abril na parroquia de Ponte de Outeiro. Pola contra, o que si fará será dous concursos exclusivos para socios para poder clasificarse para os campionatos provinciais.

O día 20 de abril será o concurso de mosca nas zonas dos ríos sen morte do Azúmara e do Anllo, e o día 27 será o de lance no río Miño nos coutos de Terra Chá, Castro de Rei e Cospeito.

Etiquetas