Manuel Regal Ledo será candidato á alcaldía do concello de Abadín polo BNG

O BNG presentou ao candidato á alcaldía no concello de Abadín. Manuel Regal Ledo, será a persoa que encabece a lista do BNG para as eleccións municipais de maio. Regal afirmou “faremos unha candidatura para gobernar, potenciaremos un trato igualitario para todas as parroquias, superando as decisións de inversións aleatorias do actual goberno” e engadiu “Abadín precisa proxectos novos e ilusionantes nos que se invirta en accións que faciliten a permanencia da xente no concello”.

“Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, cun proxecto para Abadín e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Manuel Regal. Dende o BNG estase traballando para aportar ao concello un cambio responsable “cunha boa xestión económica” e argumentouse que “Abadín precisa das políticas do BNG para levalo a cabo”.

O candidato á alcaldía afirmou “imos a por todas por que estamos convencidos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello que provoque o aumento da autoestima dos nosos veciños”. Regal sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal será fundamental para repensar o futuro de Abadín”.

Etiquetas