A couza da pataca, a Xunta de Galiza e outras pestes no agro galego

Por Raúl Río

A pesar de que a couce da pataca xa chegou a Galiza no ano 2015 é unha praga que aínda nos sigue afectando. Entón so había tres concellos afectados, pero como desde aquel ano a Xunta de Galiza, a consellaría de Medio Rural e os seus amanuenses, asubiaban e miraban para outro lado, na vez de denuncialo uns e poñer os medios necesarios os outros para combatela, agora xa son moitos os concellos galegos nos que non se vai poder sementar a pataca este ano, nin durante uns anos mais.

Esta praga é unha mais das que feren de morte ao noso xa maltratado rural, tanto aos que a producen para a venda como os que a sementan para o seu autoconsumo, pois a produción da pataca non é unha tradición, como dixo a daquela Conselleira de Medio Rural, María Ángeles Vázquez, pois os paisanos non sementan as patacas por amor o arte, nin por darlle gusto a ela, senón porque é un complemento necesario para moitas familias que, debido á situación actual do agro, ven nelas unha axuda a súa economía moi necesaria para a súa subsistencia.

Pero esta non é a única praga nin tampouco a mais grave, xa que a verdadeira praga, a que maltrata os nosos labregos, mariñeiros e gandeiros, son os sucesivos gobernos que durante tantos anos estiveron na Xunta de Galiza lexislando contra os intereses desas clases populares e a favor das grandes multinacionais do sector leiteiro, das grandes explotacións mineiras como a de Erimsa, na comarca de Ordes, que pon en risco a existencia de 200 granxas con 500 empregos directos, para crear so 8 postos de traballo; privatizan o mar onde sempre pescaron e mariscaron os nosos mariñeiros para entregárllelo como agasallo ás grandes empresas de acuicultura.

Os membros desa banda de cleptómanos, prepotentes, irresponsables e mentireiros compulsivos, son os que afirmaban antes que eran os de esquerdas e os nacionalistas os que querían quitarlle as terras ós labregos e agora son eles quen nolas rouban para regalarllas aos seus amiguetes das multinacionais para que fagan minas e deixen todo contaminado, cheo de velenos e porcalladas. A súa irresponsabilidade ó administrar o diñeiro público viuse ben no caso de Nova Caixa Galicia, á que despois de saneala con mais de nove mil millóns de euros do erario público, regaláronlla ao capó venezolano Juan Carlos Escotet por mil tres millóns, para que co noso diñeiro siga apoiando a violencia da oposición golpista contra o goberno elixido democraticamente de Nicolás Maduro, na vez de crear unha banca pública galega para dar os créditos necesarios e mellorar a nosa economía.

Esta é a verdadeira praga do agro galego, pero ten solución: Está na nosa papeleta o rematar con esa peste.

Etiquetas