Cruz Vermella Vilalba organiza un taller de defensa persoal para mulleres

Cruz Vermella Vilalba en colaboración co centro deportivo Jansu celebrará este sábado un taller de defensa persoa dirixido a mulleres co que se pretender axudar na prevención de abusos, ataques e roubos.

O taller terá lugar o sábado 13 de abril, entre as 17.30 e as 19.30 horas na sede de Cruz Vermella Vilalba.

A formación estará a cargo de José María Vega e Juan Carlos Quintana adestradores e instrutores nacionais de taekwondo 4º dan.

As inscricións e a reserva de praza poden facerse no teléfono 620218127.

Etiquetas