Presentada a VII Carreira Popular de Friol, que será o 27 de abril

O sábado 27 de abril disputarase a VII edición da Carreira Popular de Friol, organizada polo Concello de Friol en colaboración co club de atletismo local. Este ano haberá novo reglamento, que está feito para dar un maior atractivo a carreira e, sobre todo, tendo en conta o espírito auténticamente popular deste evento.

Na presentación deste evento estiveron presentes o alcalde, José A. Santos, a concelleira de deportes, Josefa Janeiro; Felipe Barata, adestrador do Club de Atletismo Friol e a presidenta del Club Atletismo de Friol, Asunción López.

Como novidade, este ano haberá unha categoría por parellas, que percorrerán 5 quilómetros, que se disputa xunto coa absoluta. A aprticipación por parellas non é compatible coa clasificación por equipos, e se fará a través da inscrición habilitada na páxina de championchipnorte, a mesma onde se poden facer xa as incricións en todas as disciplinas.

Levarán trofeos os oito primeiros clasificados das categorías senior e máster; os tres primeiros equipos clasificados, tanto a categoría masculina como feminina; as tres primeiras parellas na categoría masculina, feminina e mixta e os mellores das categorías inferiores. Tamén haberá medallas para todos os participantes das carreiras e camiseta técnicas de manga longa para os participantes na carreira absoluta. Ademais haberá outras moitas sorpresas e xa está aberta a inscrición.

A carreira, que completa este ano a sétima edición, terá a saída diante do colexio de Friol, na Praza de España. Dende aí xirarán á dereita tomando a avenida de Lugo. Pasada a gasolineira, collerán a estrada de Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación de Friol dirección o pobo. Alí collerán a rúa Santa Isabel ata enlazar outra vez coa Avenida de Lugo. Unha vez que se chegue á altura do colexio, darase unha volta ao mesmo para entrar na meta.

Nesta edición haberá cinco categorías: a absoluta, con saída ás 12:00 horas e percorrerá 5km; a sub14 ás 11:40 e 1.400m.; a sub12 ás 11:30 horas e 1.400m; a sub10 ás 11:25 horas farán 700m.; prebenxamín ás 11:20 serán 300m e pitufos ás 11:15 que percorrerán 100m.

Esta nova edición da carreira popular súmase a outros acontecementos deportivos que o Concello de Friol organiza durante o transcurso de cada ano. O alcalde manifestou que “o Concello de Friol identifícase cada día máis co deporte, non hai máis que ver a gran participación que existe por parte do alumnado de Friol e a implicación das súas familias no Club de Atletismo Friol, ó que sen dúbida seguiremos axudando para que poida seguir medrando dentro das nosas posibilidades”. Ademais di que “non podo esquecerme de agradecer a Felipe Barata a súa implicación en cada evento deportivo do Concello e coa mesma animalo a que continúe na mesma liña de traballo de carácter deportivo que ven exercendo durante estes últimos anos”.

Etiquetas