Detido un vilalbés acusado de tráfico de drogas

A Garda Civil detivo na localidade de Vilalba a un veciño de Goiriz, de 24 anos de idade, como suposto autor dun delito de tráfico de drogas.

Nun control habitual intervíuselle ao detido unha bolsa de plástico, a cal contiña unha sustancia marrón, supostamente hachís, cun peso aproximado de 33 gramos.

A persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de 1ª. Instancia e Instrución nº 1 de Vilalba.

Etiquetas