A ITV de turismo estará en Guitiriz a finais de maio

A unidade móbil de inspección técnica de turismos estará catro días de maio no Concello de Guitiriz para atender a todos os veciños do termo municipal. Concretamente estarán neste concello do 28 ao 31 de maio.

A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 agás o 28 e o 31, que só atenderá pola mañá. A devandita unidade estará situada no Polígono de Guitiriz.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com.

 

Etiquetas