Skip to main content
Actualidade

O grupo chairego Corredores de sombra actuará en Betanzos

Por 16 Abril, 2019Sin comentarios

O sábado 4 de maio ás 19:00 horas o grupo poético musical da Terra Chá, Corredores de sombra, terá unha actuación no Biblos Clube de lectores de Betanzos.

Baruk Domínguez, Carme Mato, Pilar Maseda e Rosana Domínguez, son Corredores de Sombra, que con guitarra, trombón e dúas impresionantes voces sorprenden nunha novedosísima miscelanea de ritmos e versos. Unha nova forma de escoitar poesía que non deixa indiferente a ninguén e que estrean repertorio.

Corredores de sombra deben o seu nome ao título dun libro do vilalbés Agustín Fernández Paz de donde proceden e debutaron na entrega do II Premio Agustín Fernandes Paz este ano no auditorio de Vilalba. O repertorio abrangue a interpretación de versos de coñecidos poetas e a forza que imprimen dan á poesía un atractivo especial que faibdisfrutar mesmo a quenes non son seguidores deste xénero literario.

Unha oportunidade de achegarse á poesía dun xeito novo e disfrutar da música e as voces deste orixinal cuarteto. A entrada será gratuita.