Hoxe a gran final do XXII Máster Futbolín de Rábade

A edición número 22 do Máster de Futbolín de Rábade arrincou coa presenza de máis de 300 parellas, que intentarán acadar o podio nalgunha das cinco modalidades.

O Máster de Futbolín de Rábade é unha cita xa consolidada na comarca, á que ano tras ano se achegan máis participantes e veciños para desfrutar dun evento único na provincia. Hai inscritas máis de 300 parellas, que participarán e conta tamén coa presenza de grandes xogadores que se fixeron lenda no Máster e outros novos con ganas de facelo.

Como en anteriores anos, haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis, onde se repartirán 10.000 euros en becas deportivas. Ademais, haberá premios para todas as modalidades e camisetas de recordo para os participantes.

O horario de hoxe será a partir das 11:00 horas a   modalidade ‘En movemento’, ás 21:00 horas as finais e ás 23:00 horas a entrega de premios e clausura

 

Etiquetas