Friol acolle unha xornada sobre diversidade

O CPI López Suárez de Friol acollerá este xoves, 25 de abril, unha xornada sobre diversidade dirixda a todo o seu alumnado.

Os actos, que se desenvolverán durante toda a mañá e parte da tarde, arrincarán ás 10.00 horas en dúas sesións diferentes para os alumnos de 1º a 3º de Primaira e para o resto.

Para os máis pequenos haberá de 10.00 a 10.45 horas un contacontos sobre a obra Somos Iguais, a  cargo da súa autora, Raquel Queizás, que se desenvolverá na praza da vila. A partir das 11.00 visitarán a exposición dos stands na praza da vila coa posibilidade de achegarse á mostra de pintura O mundo máxico de Antón, na Casa da Cultura.

Para os máis pequenos os actos darán comezo coa visita á exposición dos stands seguido da proxección da obra Máis ca vida, e posterior ponencia, do director Rubén Riós, que terá lugar na Casa da Cultura.

Tralo xantar, que terá lugar de 14.00 a 15.00 horas, participarán en varias actividades na Casa da Cultura, como unha visita á mostra de pintura O mundo máxico de Antón e proxección dun documental sobre a súa evolución.

Seguidamente proxectaranse as curtametraxes realizadas polo alumnado de 4º da ESO, froito do obradoiro impartido por Alfonso Díez Veiga.

Finalizacrán coa representación das obras de teatro elaboradas polo alumnado da ESO xunto á dinamizacion de Máis que teatro.

Etiquetas