A biblioteca de Castro de Rei celebra o xoves o Día do Libro

A Biblioteca de Castro de Rei celebrará o xoves 25 de abril, a partir das 17.30 horas, o Día do Libro.  Para tal ocasión, está previsto un taller sorpresa no que a organización alerta de que “é recomendable levar roupa que se poida manchar porque imos traballar moito”.

O taller está dirixido a nenos de 4 a 19 anos e os interesados en apuntarse deberán chamar ou enviar un whatsapp para reservar ao número 649 938 698. Tamén pode facerse a reserva no facebook da biblioteca.

Etiquetas