A parroquia vilalbesa de Román celebra as súas festas patronais

A parroquia de Román, en Vilalba, celebra a fin de semana do 10 ao 12 de maio as súas festas patronais na honra de Santa Eulalia, Pascua e San Antón.

A celebración dará comezo do día 10, venres, cunha churrascada popular e a actuación da orquestra Alianza. O sábado, ás 13.30 será a musa solemne seguida de procesión e da sesión vermú, que estará ao cargo de Palladium. Pola noite, volverá a actuar Palladium xunto a La Fórmula.

O domingo, volverá a celebración relixiosa seguida da tradicional sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Anduriña, coa que se dará por rematada a celebración.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas