Remember Queen, chega a As Pontes en maio

Tras o éxito na Gran Via de Madrid, con máis de 15.000 espectadores, chega a As Pontes Remember Queen, a homenaxe máis fiel a Queen de Europa, un espectáculo visto por máis de medio millón de persoas e de gran éxito nas nove tempadas pasadas

Os artistas coidan o máis mínimo detalle do espectáculo cunha posta en escena similar á que estes utilizaban na xira do 86 facendo os espectadores sentir que están vendo a Queen en vivo.

O sábado 11 de maio ás 23:00 horas na avenida 8 de marzo (Canal IV) e con entrada de balde poderase desfrutar do espectáculo Remember Queen.

Etiquetas