O mellor indie nacional deuse cita este fin de semana en Vilalba da man do FIV 2019

O mítico festival musical galego, que celebrou o seu 12ª edición o venres 26 e o sábado 27 de abril, reuniu a 8.000 incondicionales. A M.O.D.A., Miss Cafeina, Depedro, Marem Ladson e Sidonie Djs subíronse ao Escenario Mahou do festival vilalbés o venres 26, mentres que, o sábado 27, chegoulles a súa quenda a Los Planetas, Iván Ferreiro, Dorian, Siloé e Cheese and Bacon Djs. A sesión vermú do sábado ao mediodía no Auditorio Carmen Estévez estivo amenizada polo Sorriso de Julia e a Banda de Música de Vilalba -con aforo completo en ambos directos- e repetiu un ano máis como un dos grandes atractivos.

O programa do FIV 2019 contou, ademais, cun Concerto Sorpresa Mahou 5 Estrelas para 40 afortunados que tiveron a oportunidade de gozar dun directo íntimo e único de Depedro a tarde do sábado 27 na emblemática Torre do Parador. O festival -que fai un mes colgara o cartel de sold out por terceiro ano consecutivo- contou tamén cun completo programa de actividades, coa proxección das películas 20.000 días na Terra -sobre o músico e icono Nick Cave- e Oasis: Supersonic, ademais de dúas charlas sobre industria cultural e unha exposición fotográfica sobre a Banda de Música de Vilalba.

O Concello de Vilalba repartiu pajaritas fucsia entre os profesionais de hostelería, que foron distribuídas pola Asociación de Hostelería Sete Pontes, mentres que as farolas e os escapartes da vila se tiñeron tamén do característico rosa do FIV, involucrando a todo o pobo no ambiente festivo e máxico do festival. O Concello de Villaba quixo agradecer a implicación de todos os axentes locais nesta cita imprescindible coa música indie, que ao longo das súas doce edicións logrou converterse en todo un referente deste estilo musical no noso país, con figuras de primeira liña da escena nacional e internacional.

O FIV de Vilalba está organizado polo Concello de Vilalba, co apoio de Mahou, a Xunta de Galicia (Agadic), Carpers, Gadis e Pepsi. Por terceiro ano consecutivo, Mahou foi un dos patrocinadores principais do FIV, completando a oferta de lecer do festival e poñendo de manifesto o seu apoio á música, así como a súa aposta por compartir a paixón, a alma e a proximidade entre os artistas e o público ao desenvolver experiencias únicas que achegan ás persoas aos seus artistas favoritos.

Etiquetas