Presentación en Vilalba do libro As mulleres de Insua e o liño

O vindeiro venres, 3 de maio de 2019, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, organiza o acto de presentación do libro As mulleres de Insua e o liño. Dez anos dun proxecto de recuperación etnográfica, da vilalbesa Miriam Fernández Otero.

Un libro que foi editado polo propio IESCHA e financiado pola Deputación de Lugo, segundo o estipulado no convenio suscrito entre as dúas entidades para o presente ano. Intervirán no acto, ademais da autora do libro, Xosé Felpeto Enríquez, Mario Outeiro, Eduardo Vidal Baamonde e Marisa Barreiro Mejuto.

Etiquetas