O PP de Vilalba presenta ás municipais unha lista totalmente renovada

O PP de Vilalba renovou a súa lista para estas eleccións con máis mulleres que homes, e segue contando con Agustín Baamonde como cabeza de lista.Os populares de Vilalba enfrontanse a estas eleccións cun espírito renovador e un propósito firme de revalidar a maioría absoluta, no que destaca que se renovara a lista case totalmente e que só catro caras repiten: o actual rexedor Agustín Baamonde, Sandra Vázquez, Consuelo Grandío e Amador Guerra.

Nestos comicios estrearanse María Agustina Fernández, encargada da farmacia do Centro de Saúde; Inmaculada Ramudo, topógrafa e Adrián Lozano, un xoven de Lanzós que traballa no sector eólico.

A estas caras novas únense María García, veterinaria; José Miguel Díaz, de Novas Xeracións; María Josefa Ocampo, directora da Escola Infantil Galiña Azul; Susana García, ATS; Marcial Sanjurjo, que foi alcalde de Ourol entre o 2007 e o 2015, e ademais é médico no PAC de Vilalba; Enrique Bañobre, tractorista; e Patricia Díaz, traballadora do centro de día de Abadín. A lista completase con Manuel Rodríguez e María Cruz Vázquez e exrexidor Gerardo Criado.

Etiquetas