A parroquia de Corbelle contará cunha charla sobre prevención de roubos e estafas

Os veciños as parroquias de Corbelle, Carballido e Samarugo están citados para unha charla para formalos en prevención de roubos, timos e estafas e sobre seguridade vial.

Esta charla terá lugar na casa da Escola de Corbelle o sábado 11 de maio ás 18.00 horas e terá unha hora de duración.

A este encontro, que estará ao cargo de persoal técnico da Garda Civil, poderán asistir todos os veciños doutras parroquias que o desexen.

Esta charla forma parte dun ciclo que se desenvolverá noutros lugares do municipio co obxectivo de formar aos veciños, especialmente á xente maior, para que poidan protexerse ante as novas técnicas de timos.

 

Etiquetas