Confirmadas varias actuación para as festas de San Ramón de Vilalba

Xa hai orquestras confirmadas para as festas de San Ramón de Vilalba, a París de Noia actuará o 30 de agosto, e O Combo Dominicano estará o 5 de setembro. Son as dúas actuacións máis destacadas das que figuran no programa das festas deste ano. A comisión organizadora, que é a mesma do ano pasado, está traballando xa na organización desta popular festa.

O día da terceira idade, 21 de agosto, será o inicio das festas, para dar paso a Xira, ao fin de semana seguinte. Na festa dos maiores actuarán o dúo Eclipse e o grupo Acidema; na Xira actuarán Fin de século, Bruxas e Noite de Estrelas. Na semana seguinte faranse actividades para os máis cativos así como a Festa da Bicicleta.

O día 29 toca a quenda da verbena, na que Sintonía de Sancovade e Iván Edrosa amenizarán a festa; ao día seguinte tamén tocará verbena co dúo Estrelas e con París de Noia. Marbella e A Oca Band tocarán o 31 de agosto, día propio de San Ramón, e Os Satélites e Miramar poñerán a música o 1 de setembro. Tamén actuarán a orquesta Principal, Marcos Peón e Zalo o sábado 7, e as orquestas New York e Pontevedra, o domingo 8.

A comisión anunciou que se poñerán á venda rifas para recaudar fondos, a un prezo de dez euros.

Etiquetas