Rábade prepara un campamento multiaventuras en Viveiro

O Concello de Rábade celebrará un campamento Multiaventuras en Viveiro os días 24, 25 e 26 de xuño dirixido a mozos estudiantes de ESO. As incricións son a partir do 2 de maio e por rigurosa orde de chegada. Este campamento ten un prezo de 70 euros.

Durante estes tres días, os participantes desfrutarán dunha ampla oferta de actividades entre as que figuran kayacs, paintball, surf, visita ao Aquapark de Cerceda e moitas outras.

Todos os interesados deberán anotarse na Área de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Etiquetas