A Garda Civil realizará unha campaña de control de motocicletas esta fin de semana

A Garda Civil realizará unha campaña de control de motocicletas o primeiro fin de semana de maio, xa que na comunidade Galega durante este ano 2019 faleceron cinco persoas deste grupo de usuarios.

Empregaranse todos os medios dispoñibles como aspecto preventivo, vixilancia e control, facendo especial fincapé nos aspectos da velocidade límite de 90 km/h en estradas convencionais, manobras perigosas durante a condución, uso do casco de protección, adecuación do permiso de condución do condutor á motocicleta utilizada, condicións técnicas das motocicletas ou a lexibilidade da placa de matrícula.

Desde a Agrupación de Tráfico da Garda Civil trabállase co obxectivo de erradicar comportamentos de risco que poidan producir accidentes de circulación, co fin de proporcionar seguridade e tranquilidade ao resto de usuarios das vías.

Etiquetas