Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Concello da Pastoriza terá como agasallo institucional unha mini ola castrexa

Por 3 Maio, 2019Maio 9th, 2019Sin comentarios

O Concello da Pastoriza terá como agasallo institucional, unha réplica a pequena escala dunha ola castrexa que se reconstruíu a partir de fragmentos achados nas excavaciones do Castro de Saa.

A Fundación Terra Termarum, é a encargada de realizar os traballos. “Non son recontrucións imaxinativas, estamos facendo réplicas” explican dende a Fundación.

No caso da ola castreña tiñan tan só dous fragmentos para replicar, ambos moi decorados. “Foi un traballo de meses”, explica Sandra Obarrio, ceramista profesional.

A réplica a tamaño orixinal, de 31,5 centímetros de altura e 35 de diámetro, expoñerase no futuro museo de Bretoña, xunto a outras recreacións. Mentres as máis pequenas servirán de detalle para visitas institucionais ou para entregar en eventos municipais.