Os empresarios do Polígono Sete Pontes fan Xornada taller Desenvolvemento rural e emprendemento

O luns 6 de maio de 18:00 a 19:30 haberá unha xornada taller a cargo da Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes sobre Desenvolvemento rural e emprendemento.

O programa para ese día comezará co Emprego e emprendemento no ámbito rural a cargo de  Gonzalo Hermida, axente de desenvolvemento local do Concello de Vilalba; despois Experiencias de emprendemento rural a través de sociedades e cooperativas Carmela Valiño, Socia de Muuhlloa e Milhulloa S.Coop. Galega; seguido de Axudas para desenvolver proxectos no ámbito rural. Axudas Leader e liñas de apoio na comarca Terra Cha de Fernando Soto, Xerente Grupo Desenvolvemento Rural Terra Cha e Anabel Díaz, Coordinadora Executivas de Galicia; por último pechará a xornada a presidenta Executivas de Galicia Carla Reyes Uschinsky.