Skip to main content
Actualidade

Festas na honra de San Isidro en Matodoso de Castro de Rei

A localidade de Matodoso en Castro de Rei vivirá de novo as súas festas na honra a San Isidro os días 17, 18 e 19 de maio.

O programa dará comezo o día 17 coa verbena, que estará a cargo da orquestra Panamá, e coa actuación de Tania Veiras. Ademais haberá fogos de artificio.

O sábado 18 haberá tempo para o oficio relixioso ás 13:30 horas e procesión con carroza,acto seguido será a sesión vermñu coa orquestra Abanico. Pola noite a verbena estará amenizada por Abanico e Cinema.

O domingo 19 tamén haberá actos relixiosos seguidos da sesión vermú que estará amenizada pola orquestra Alma Latina.

As festas, rematarán cunha gran tirada de fogos de artificio.